Carril: "A estructura do novo Goberno local reproduce o modelo da Xunta de Galicia"

O concelleiro do BNG, Xosé Manuel Carril, sinala que a estrutura anunciada polo PP para o novo Goberno local da Coruña "non supón unha verdadeira racionalización e será a cidadanía quen teña que sufrir os problemas derivados deste organigrama que reproduce o modelo da Xunta de Galiza”.
A este respecto, Carril ironiza con que “xa coñecemos a eficacia e a axilidade administrativa da Xunta”. “O organigrama do Goberno local non vai garantir unha coordinación doada”, explica Carril, quen pon como exemplo a existencia de materias que implican que máis do 60 por cento de temas relacionados co concello se agrupen nunha grande área: servizos sociais, cultura ou educación. Ademais, Carril censura que dentro do organigrama desaparezan cuestións como a igualdade e xénero, “sobre ás que o PP aludiu durante a campaña e a precampaña”.
Carril conclúe que a defensa dos servizos sociais públicos e a creación de emprego non van estar garantidos con esta estrutura do Goberno, porque realmente non existe unha verdadeira racionalización que vaia resolver os problemas dos veciños e veciñas.

No hay comentarios: