Xuntanza de ex presos políticos que estiveron no cárcere da Coruña

Dentro das Xornadas de Portas Abertas, organizadas pola plataforma “Proxecto Cárcere”
Desde hai varios meses a plataforma cidadá “Proxecto Cárcere” está a traballar para convertir o vello cárcere provincial da Coruña nun centro socio-cultural e da memoria histórica.
Ten programadas do 8 ao 11 de xuño unhas Xornadas de Portas Abertas con numerosas actividades, entre elas unha exposición de artistas, que leva por título “Liberdad.É”.
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña vai colaborar nestas xornadas de portas abertas coas seguintes actividades para o 11 de xuño:

- 11,30 horas. Concentración diante da porta principal do vello cárcere provincial, coa presenza de persoas que, por motivos políticos, pasaron por esta prisión. Lectura do manifesto “Nós tamén estamos indignados”, e colocación dunha placa na entrada –cun carácter provisional, até que se poña unha definitiva- lembrando a prisión como lugar da represión franquista, e como homenaxe a todas as persoas que loitaron pola liberdade e a democracia.

- 12 horas. Ofrenda floral no monumento-memorial ás vítimas do franquismo na avenida de Navarra.

- 14,30 horas: Xantar de irmandade (no Club do Mar, a 12 euros).

- 17,30 horas: Charla sobre a represión franquista e as vivencias nos cárceres.

- 18,30 horas. Documental “O segredo da Frouxeira”, coa participación, entre outros, do seu director  Xosé  Abad, que tamén estivo no cárcere da Coruña..


No hay comentarios: