Recollida de sinaturas na Área de A Coruña para a defensa da sanidade pública

A Plataforma pola defensa e mellora da sanidade pública da Coruña, integrada na Plataforma galega SOS Sanidade Pública, vai iniciar a recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular “para a defensa e promoción da sanidade pública en Galiza”.  O obxectivo da ILP é deter as políticas de privatización e recortes que está aplicando o goberno galego. A data límite que marca o Parlamento galego para recoller as 15000 sinaturas que esixe a lei é o 27 de maio. A Plataforma quere promover o debate social nestes meses sobre a sanidade que queremos, tomar conciencia da necesidade de defendela e facer que lle chegue ao goberno galego un berro moi alto de que non toquen á nosa sanidade, o noso dereito á saúde. Na campaña de recollida de sinaturas instalaranse mesas nos barrios, mercados tanto na cidade como na comarca. Na Coruña instalaran  mesas de recollida de sinaturas, ao longo destes meses, tamén nos barrios e mercados tanto da cidade como das localidades, nas estacións de autobuses e de renfe.
O obxectivo da ILP é deter as políticas de privatización e recortes que está aplicando o goberno galego e por iso pretenden:

- Manter a Sanidade Pública como servizo universal, gratuíto e de calidade, como  responsabilidade do Goberno galego.

Manter a xestión pública e directa do Sistema de Saúde de Galiza.

- Mellorar a capacidade resolutiva en atención primaria dotándoa do persoal e medios tecnolóxicos suficientes, cunha cobertura equilibrada en todo ou territorio galego e para toda a poboación.

- Mellorar a xestión sanitaria mantendo as actuais áreas sanitarias como espazo para a planificación e xestión unitaria dos recursos sanitarios que garanta a equidade e a racionalidade.

No hay comentarios: