Reportaxe sobre o asentamento chabolista da Conservera Celta situada en Ponte Pasaxe

O Audiovisual “Pedra papel” narra a maxia da infancia, e as ilusións por mellorar a vida, que sempre están presentes nas conversas das nenas e nenos que viven en Ponte Pasaxe. O proxecto consistíu na elaboración dunha “mini reportaxe”, onde o guión saíu de xeito natural e comunitario, entre as conversas e xogos que se deseñaron para o desenvolvemento das xornadas. Produto destes encontros logrouse coñecer as motivacións, os soños, as inquedanzas e as manifestacións que os máis pequenos de A pasaxe teñen ante a vida. Moitos xamais viron nin visitaron unha vivenda diferente a unha chabola, nin sequera se fan a idea de cómo sería unha mellora na súa vida que os igualara en dereitos e condicións ao resto de nenos e nenas da cidade. A Pasaxe, un asentamento chabolista A día de hoxe, o asentamento da Pasaxe está formado por 12 familias xitanas galegas e entre 30 e 40 familias de orixe portuguesa. Todas elas viven en condicións extremas.


Pedra papel de Arquitectos Sen Fronteiras en Vimeo.

No hay comentarios: