SOS Sanidade propón as medidas necesarias para mellorar o sistema sanitario galego

A Plataforma SOS Sanidade Pública fai unha análise da situación sanitaria galega e pide aos partidos políticos un compromiso no mantemento e mellora da sanidade pública. 

A Plataforma formula as seguintes propostas:
1. Incrementar o gasto sanitario para recuperar o nivel do ano 2009.
 2. Elaborar un Plan de Saúde que responda ás necesidades da cidadanía galega.
3. Racionalizar o gasto público (farmacia, probas diagnósticas, terapias,...) pero non recortar.
4. Recuperar o financiamento público como mecanismo de construción e dotación de infraestruturas sanitarias.
5. Posta en marcha dunha política incentivadora do persoal sanitario, non eliminar prazas e volver substituír ao persoal nas ausencias para evitar unha masificación das consultas.
6. Recuperar os programas de atención á muller, de saúde mental, condutas aditivas e a persoas con SIDA. 7. Reintegración ao SERGAS de Galaria, INGO, 061, Centro de Transfusións e FEGAS.
8. Anular o concerto singular con POVISA e usar este centro para actividades complementarias ao SERGAS.
9. Elaborar un novo Plan de Mellora da Atención Primaria.
10. Aumentar o horario dos centros sanitarios para ampliar a súa capacidade de resolución de problemas. 11. Recuperar para a xestión pública todas as áreas privatizadas no momento que sexa posible (central de compras, central de chamadas,...).
12. Dotación de recursos adecuados a cada Área Sanitaria para facilitar a igualdade territorial e sanitaria. 13. Suspensión en Galiza do RD 16/2012, norma que pon en marcha os copagos e a restrición do acceso á asistencia sanitaria.
 14. É imprescindible desenvolver estruturas de participación tanto dos profesionais como da cidadanía.
 15. Creación dunha rede sociosanitaria incrementando os recursos para atención a enfermos crónicos e a coordinación cos servizos de atención á dependencia.
Ampliar información

No hay comentarios: