La Xunta abre o prazo para solicitar a axuda económica por fillos menores de tres anos

O prazo estará aberto até o vindeiro 11 de maio e a axuda consistirá nun pagamento único de 360 euros


Publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2013. A Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.

Poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas que teñan fillas/os menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidas/os entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

A prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada crianza menor de tres anos e o prazo para entregar as solicitudes estará aberto até o vindeiro 11 de maio.

Ver orde publicada no DOG

No hay comentarios: