SOS Sanidade Pública denuncia o incremento das listas de espera polos recortes


A lista de espera cirúrxica de A Coruña empeorou significativamente. Hai neste momento, recoñecido pola propia Consellaría de Sanidade, 8143 persoas en espera de cirurxía, 4512 que esperan de 0 a 3 meses, 3226 de 3 a 6 meses, 403 máis de 6 meses e 2 máis de 12 meses. 

A Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera fixo unhas declaracións públicas botándolle a culpa da lista de espera ás obras de urxencias, que como todo o mundo sabe son tan necesarias. 

Obras son obras e iso parece que xustifica calquera lista de espera. Atreveuse a dicir que en Galiza non se recorta e que entre as obras que impediron o funcionamento de varios quirófanos varios meses e as vacacións de semana santa foi imposible mellorar estas listas de espera na Coruña. 

A Plataforma SOS Sanidade Pública de A Coruña quere denunciar o incremento das listas de espera precisamente polos recortes: 

1. Pola falta de programación de cirurxía polas tardes. Salvo cirurxía torácica e cardíaca non houbo programación de cirurxía en horario de tarde e tampouco se incrementou a actividade cirúrxica polas mañás. A cirurxía de tarde empezou en algunhas especialidades en abril. 

2. Houbo que arreglar o teito de 2 quirófanos e non estiveron operativos entre 15 días e 1 mes pero iso non explica en absoluto o incremento da lista de espera. 

3. Todos os anos hai vacacións de semana santa, que poden ser un pouco antes ou un pouco despois, pero precisamente este ano os profesionais practicamente non solicitaron dias libres xa que entre Feijoo e Rajoy encargáronse de eliminalos. Malamente pode a Conselleira escusarse coas vacacións de semana santa cando practicamente eliminou a posibilidade de gozar das mesmas. 

4. As listas de espera de cirurxía aumentan de modo continuo desde decembro de 2011, coa excepción dunha redución en xuño de 2012, tal como se pode ver nas figuras que se achegan, así que é falso e resulta provocador explicar as penosas listas de espera con supostas obras que, por outra parte, están totalmente xustificadas e que xa terían que estar rematadas. En decembro de 2011 había 7058 persoas en lista de espera para operar, 7336 en marzo de 2012, baixou a 7068 en xuño 2012 para seguir subindo en setembro 2012 a 7535, 7698 en decembro e máis aínda agora en marzo 2013: 8143. 

5. O mesmo sucede cos tempos medios de espera que pasan de 77,4 días en marzo de 2012 a 88,6 en marzo de 2013. 

6. Todo isto sen contar a lista de espera non estrutural, da que a Consellaría négase a dar cifras e que é seguro incrementaría estas cifras dun modo substancial. Os recortes, a incompetencia na xestión e a provocación política desta Consellaría non pode agochar o drama persoal de cada unha das persoas que agarda para resolver os problemas de saúde. Cando menos debería ter máis pudor e sentido común.


Os recortes, a incompetencia na xestión e a provocación política desta Consellaría non pode agochar
o drama persoal de cada unha das persoas que agarda para resolver os problemas de saúde. Cando
menos debería ter máis pudor e sentido común.

No hay comentarios: